AgustaWestland AW609 | |
---|---|
![]() | |
Tipo | transporte corporativo VTOL |
Fabricante | Bell/Agusta Aerospace, AgustaWestland, Leonardo |
Primeiro voo | 6 de marzo de 2003 |
Estado | probas de voo |
O AgustaWestland AW609, anteriormente Bell/Agusta BA609, é un tiltrotor VTOL bimotor cunha configuración semellante á do Bell Boeing V-22 Osprey. É capaz de aterrar verticalmente como un helicóptero aínda que ten un alcance e unha velocidade superior a ese tipo de aeronaves. O AW609 está destinado ao mercado da aviación civil, en particular a clientes VIP e para plataformas de gas e petroleo.[1][2][3]